-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular esixe cambios na participación cidadá para defender os dereitos de cidadáns e asociacións

 
 
09/07/2009
empleoyssgg
     
 
  • En aras ao consenso, o Grupo Municipal Popular flexibilizou as súas posturas, deixando sobre a mesa parte das súas ambiciosas propostas iniciais.
  • O Grupo Municipal Popular propón como denominacións para os distritos "Primus", "Secundus" e "Ruralis".
 
barra
           
 
O novo regulamento de participación cidadá débese a unha necesidade legal de adaptación á coñecida como "Lei de Grandes Cidades". A pesar desta necesidade, o Grupo Municipal Popular detectou unha falta importante de vontade política do Equipo de Goberno, que dificultou moito as reunións sobre esta materia. Tras unha paralización de varios meses, a comisión encargada da redacción deste texto reuniuse novamente e abriu un prazo para presentar modificacións do último texto para levalo, segundo o Goberno Local, ao pleno do mes de Outubro.
 
       
 
A concelleira Cristina Ares manifesta a conformidade do Grupo Municipal Popular coas melloras introducidas nesta última versión, relativas á creación de tres distritos na cidade (dous urbanos e un na zona rural), a pesar da resistencia inicial do Goberno a dividir a cidade en distritos.
Foto
 
     
 
 
     
 
Por outra banda, ampliáronse os casos nos que os veciños poderán intervir nos Plenos, que inicialmente só se permitía a asociacións con condición de interesadas nun procedemento administrativo, o que o Grupo Municipal Popular consideraba moi restritivo. No novo texto ábrese unha fiestra a que, aínda que non se adquirise a condición administrativa de interesado, unha asociación poida participar no Pleno. A postura inicial do Grupo Municipal Popular era que esta posibilidade estivese aberta a calquera cidadán a título individual, pero flexibilizou a súa postura en aras do consenso.

Melloras introducidas a proposta do Grupo Municipal Popular.-

Creación de distritos. O Grupo Municipal Popular propón como denominacións para os distritos "Primus", "Secundus" e "Ruralis".

Maior representatividade dos órganos de participación dos distritos. O texto inicial deixaba á discreción da Alcaldía boa parte da composición dos Consellos de Distrito. Na nova proposta é necesario consensuar os nomeamentos con todos os grupos políticos e respectar o pluralismo sendo as propias asociacións as que elixen aos seus representantes.

Creación dun foro cívico na web municipal. Este espazo permitiría a deliberación de determinados asuntos de interese municipal. A idea é implicar máis á poboación máis nova na vida do Concello, dada a súa vinculación as novas tecnoloxías, e con independencia de que temporalmente residan fóra de Lugo. Procúrase o libre intercambio de opinións para levar asuntos a Pleno tras un debate público no que calquera cidadán poda facer as súas achegas. Este sistema foi utilizado en pequenos municipios de Andalucía e Cataluña para non perder o capital humano dos máis novos, que se desprazaban fóra do Concello por motivos de estudos o traballo.

Participación na elaboración dos orzamentos municipais. A pesar da aspiración do Grupo Municipal Popular de que os veciños decidan unha parte dos investimentos nos seus barrios, o Goberno Local reduciu esta participación a recibir suxestións dos novos Consellos de Distrito no primeiro semestre de cada ano e, máis tarde, facer unha reunión na que dean conta das incorporacións aos orzamentos. Aínda que os populares aspiraban a máis, consideran que é positivo que polo menos se introduciu este título no regulamento.

Dereitos das asociacións. Tendo en conta experiencias recentes como a da suspensión (por segundo ano consecutivo) da Feira que o Consello de Asociacións pensara celebrar en Lugo, o Grupo Municipal Popular presentou unha emenda para regular o uso da vía pública para actividades de veciños e asociacións.
Por outra banda, o concepto de "dereitos posibles" das asociacións foi rexeitado polo Grupo Municipal Popular, que entende que os dereitos ou se recoñecen ou non, pero que unha norma non debe falar de "dereitos posibles" ou os "beneficios posibles" da declaración de utilidade pública.


Os populares presentarán, ademais, emendas no sentido de incluír no texto unha disposición que obrigue ao Concello a convocar eleccións libres e democráticas para nomear representantes dos veciños nas parroquias da zona rural. O regulamento en vigor así o contempla, pero o Alcalde decidiu non cumprir esta disposición a pesar de habela aprobado o Pleno da súa primeira Corporación.
 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo