-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

García Díez critica que Orozco intente ocultar a súa falta de liderado e proxectos para Lugo con constantes e repentinas críticas á Xunta

 
 
08/07/2009
grupo municipal
     
 
  • Para o portavoz popular é fundamental que os nenos poidan "ter en propiedade os libros para usalos para estudar. Iso implica gastalos, subliñalos se é o caso" non telos nunha urna de cristal por medo a estragalos".
  • Os tramos deseñados pola Xunta garanten que calquera familia con ingresos medios ou baixos accedan a axudas para compra de libros. O aforro que supón o novo sistema será reinvestido en mellorar outros servizos, como os comedores escolares.
  • O Alcalde de Lugo ataca á Xunta de Galicia para desviar a atención da súa falta de xestión.
 
barra
           
 
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, explica que no Grupo móstranse prudentes respecto ao contido da iniciativa, xa que os socialistas non lles facilitaron o texto nin o presentaron no Rexistro do Pleno, polo que "sería absurdo criticar o que non coñecemos". Ademais, existe a posibilidade de que todo quede nun anuncio, como o da iniciativa sobre o Camiño Primitivo, que o señor Rábade dixo que ían levar a Pleno o pasado mes de xuño e da que non se soubo máis.

En calquera caso, polo que se reflectiu nos medios de comunicación, a iniciativa pide que se inste á Xunta de Galicia a manter a gratuidade dos libros de texto, política seguida desde o anterior Goberno bipartito da Xunta.

Desde o Partido Popular deféndese unha política diferente da seguida na anterior etapa, en que se producía un préstamo de libros que pasaban de man en man e que obrigaba ao seu pago se, ao devolvelos, non estaban en bo estado. Substitúese a política de préstamo pola de axudas para a súa adquisición.
 
       
 
Os populares consideran que, entre outras vantaxes, é fundamental que os nenos poidan "ter en propiedade os libros para usalos para estudar. Iso implica gastalos, subliñalos se é o caso" non telos nunha urna de cristal por medo a estragalos".
Foto
 
     
 
O Grupo Municipal Popular indica que "a gratuidade para todos é inxusta, porque non ten sentido que a Xunta pague os libros de nenos en cuxos fogares entran ingresos de gran contía, e máis cando, tras o paso do bipartito, as arcas autonómicas están como están". Ademais, "a gratuidade non era para todos os libros e algunhas familias non teñen recursos para comprar os que non entraban no lote". Esta política do "café para todos" recorda moito á dos 400 euros de Zapatero, que ao final non foron cobrados, precisamente, polas persoas que máis os necesitaban como parados ou rendas baixas cuxas retencións non alcanzaban para acceder á bonificación.

As axudas serán progresivas, é dicir, que as rendas máis baixas recibirán o 100% do importe dos libros (co que lles sairán gratis), as intermedias o 50%, e os usuarios de Educación Especial tamén o 100%.

Exemplos:

Unha familia de catro membros cuns ingresos de 21.600 " brutos percibiría unha axuda de 180 " por cada fillo de primaria ou de 250 " se está en educación especial. En caso de familias monoparentais o tramo amplíase a 6.000 " por persoa no fogar.

Unha familia de catro membros cuns ingresos de 36.000 " brutos percibiría unha axuda de 100 " por cada fillo de primaria ou de 250 " se está en educación especial. En caso de familias monoparentais o tramo amplíase a 9.000 " por persoa no fogar.

As familias mileuristas, sexa cal for o seu número de compoñentes, entrarán dentro destes baremos.

Este sistema aplícase noutras comunidades autónomas, como Madrid ou Castela e León, e ata algunhas gobernadas polo PSOE como Asturias ou Estremadura.
 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo