| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular acusa a Orozco de facer unha "teatralización" que roza o esperpento co tema da limpeza da Muralla
|
|
| |
08/07/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira lamentan que o Alcalde de Lugo non apremase coa mesma urxencia á anterior Xunta, á vez que lle recordan que, como el ben sabe, os traballos comezarán de xeito inmediato.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular lamentou hoxe que o Alcalde de Lugo "volva a facer uso dos seus dotes de actor frustrado, cunha escenificación que roza ademais o esperpento, coa súa demagóxica pretensión de encabezar unha brigada veciñal para acometer a limpeza da Muralla, nun intento por tapar a ineficacia do anterior goberno bipartito da Xunta de Galicia e a súa propia sobre este asunto".
|
|
| |
|
|
|
| |
José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira criticaron que o rexedor lucense non se manifestase, coa mesma présa que na que agora pon tanto énfase, durante os últimos catros anos porque, segundo destacan, se a limpeza da Muralla estivese planificada non xurdiría agora ningún problema.
Os edís populares lamentaron que, unha vez máis, López Orozco recorra á súa "retórica grandilocuente" cando sabe perfectamente que calquera actuación sobre a Muralla, dada a súa condición de Patrimonio da Humanidade, ten que ser acometida por persoal especializado e baixo a supervisión do arquitecto responsable do proxecto. |

A fotografía é do 15 de novembro de 2007, cando Orozco permanecía calado ante o deixamento do Bigobierno da Xunta
|
|
| |
|
|
| |
Subliñan tamén Barreiro e Castiñeira que o Alcalde de Lugo é coñecedor de que "a Xunta vai iniciar a execución destes traballos de forma inmediata", como así lle foi comunicado polas canles institucionais adecuados polo que, na súa opinión, "o seu reto está fóra de lugar e é un novo brinde o sol sen transcendencia nin validez, co que só pretende conseguir un segundo de gloria na súa senda de populismo mal entendido".
Recórdanlle ademais que na primeira visita oficial ao Concello de Lugo que realizou o Presidente da Xunta o único portavoz municipal que fixo referencia á necesidade de acometer a limpeza da Muralla foi o portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, o que deixa claro "o interese que o Alcalde tiña por liquidar este problema que agora cualifica como de moi urxente". García Díez: "parece que, para Orozco, as herbas creceron nos dous últimos meses"
Para os edís populares unha vez máis o executivo que lidera Núñez Feijoo tense que facer cargo dos desatinos deixados polo anterior goberno da Xunta pero, a diferenza deles, soluciona os problemas de xeito rápido e eficaz. |
|
|
|