| |
Na Comisión de Tráfico celebrada esta mañá, o Grupo Municipal Popular mostrou o seu "total rexeitamento" ás explicacións dadas polo Goberno Local, segundo as cales o problema de tráfico existente na Ponte Romana débese aos "vicios sistemáticos dos condutores". Para os populares é "inaudito" que quen ha de regular o tráfico bote a culpa aos "sufridos condutores que a diario non só circulan senón que padecen as retencións que, sobre todo na época na que estamos e a determinadas horas punta, danse nesa zona".
Para o concelleiro Enrique Rozas, "queda claro que a organización e dirección da Policía Local nesta cidade tamén é incapaz de montar un dispositivo especial para solucionar un problema que a diario se produce na ponte". |
|
| |
O único motivo achegado é que "séguese traballando niso". Para Enrique Rozas, é inaceptable que "os únicos datos que temos sobre o documento son os publicados polos medios de comunicación. O Alcalde fala moito de participación e debate, pero nin sequera dinnos o contido do proxecto, co que dificilmente poderemos facer achegas".
Transporte público.-
Outra das sorprendentes declaracións do Goberno produciuse ao dar explicacións sobre o descenso de viaxeiros no autobús urbano. Para o Goberno, o dato débese a que "a crise tamén baleira os autobuses".
Para Rozas, "A política sobre transporte urbano é equivocada, e por iso baléiranse os autobuses. A crise o que explicaría é que a xente deixe o coche na súa casa e use máis o autobús". |
|