-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular cre imprescindible buscar o maior consenso posible para o nome do novo Hospital

 
 
04/07/2009
grupo municipal
     
 
  • García Díez entende que as declaracións do Alcalde de Lugo facendo propostas concretas son "imprudentes", xa que ao estar sobre a mesa diversos nomes pode entenderse un "agravio comparativo" elixir un en detrimento de os demais.
  • O Grupo Municipal Popular propón nomes representativos do conxunto da cidade para o Hospital, e dedicando servizos ou instalacións a médicos eminentes de Lugo.
 
barra
           
 
Cando se produce un debate aberto, como o actual sobre o nome do Hospital, hai unha parte moi positiva, que é a de recibir achegas de diversos colectivos e de lucenses en xeral que indican alternativas.
 
       
 
O Grupo Municipal Popular, con todo, cre que tamén hai a posibilidade de que se poida facer un agravio comparativo ao elixir un único nome sobre os demais. Ao haber sobre a mesa diversos médicos eminentes da nosa historia, todos eles con méritos máis que suficientes para que se elixa o seu nome, sería inxusto optar por un deles sobre os demais.
Foto
 
     
 

A postura dos populares é darlle ao Hospital un nome representativo do conxunto da cidade, que faga referencia á toponimia ou á historia de Lugo talles como:

Hospital Lucus Augusti

Hospital San Cibrao

Hospital Camiño Primitivo

Hospital Cidade do Sacramento


O Grupo Municipal Popular non descarta outros nomes, que respondan a esta idea de representar á cidade no seu conxunto.

Respecto ao recoñecemento ás figuras máis singulares da historia médica da cidade, o Grupo Municipal Popular apunta a posibilidade de dar nome ás seccións ou especialidades, ou ata aos quirófanos ou outras instalacións. Deste xeito, recoñeceríase o gran papel desenvolvido por estes profesionais en Lugo, á vez que se evitaría desmerecer á maioría deles elixindo un único nome.

 

 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo