-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica que xullo comece sen estar listo o servizo de socorristas no Miño

 
 
01/07/2009
interior
     
 
  • Enrique Rozas: "a pesar de que o mes pasado avisamos ao Goberno Local para que axilizase a tramitación, foron incapaces de pór o servizo en marcha en prazo"
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular critica que a día un de xullo o Goberno Local non teña en marcha o operativo do servizo de rescate acuático no Miño ao seu paso polo Municipio de Lugo. O Concelleiro popular Enrique Rozas considera "impresentable" a falta de previsión coa que traballa o señor Rábade, "que por segundo ano consecutivo é incapaz de programar un servizo básico para garantir a seguridade dos bañistas".
 
       
 
"O Goberno Local non ten desculpa", xa que "por se se lles pasaban os prazos lóxicos para a entrada en funcionamento deste servizo" o Grupo Municipal Popular, o pasado día 17 de xuño, recordoulle que non se despistasen na súa tramitación.
Foto
 
     
 
 
     
 
No verán do 2008, o equipo de socorristas empezou a prestar servizo o día 15 de xullo e, polo que se ve, este ano o rescate acuático "non estará operativo moito antes".

Enrique Rozas pídelle ao Goberno máis previsión para próximas tempadas, e que teñan listo o servizo desde o 15 de xuño xa que pode volver darse que o bo tempo invite, como este ano, a gozar do Río.
 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo