| |
Posteriormente, houbo unha polémica entre o anterior ministro de Xustiza, señor Bermejo, e o anterior goberno do Bipartito da Xunta, en que finalmente non se aclarou se o goberno de Touriño solicitou ou non ao Estado a creación destes xulgados. Bermejo dicía non recibir petición algunha, mentres que PSOE e BNG dicían o contrario desde a Xunta.
Un ano despois seguimos esperando a que o Estado dote á cidade de Lugo de xulgados especializados de violencia e de familia, moi necesarios pola actual situación de saturación dos xulgados da capital, e a imperiosidad dunha especialización dos mesmos. |
|