-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular valora positivamente que Asociacións Veciñais aproveiten a Comisión de Suxestións e Reclamacións para propor melloras para a cidade

 
 
28/06/2009
empleoyssgg
     
 
  • A Presidenta da Comisión, Cristina Ares, destacou que un indicativo da incapacidade do Goberno Local de solucionar as deficiencias nos servizos é que as queixas reitéranse.
  • No informe mensual da comisión de suxestións presentáronse 9 reclamacións e dúas propostas.
 
barra
           
 
A presidenta da Comisión de Suxestións e Reclamacións, e concelleiro popular, Cristina Ares, mostrou a súa satisfacción polo aproveitamento da mesma por parte de dúas asociacións, que neste mes presentaron escritos a este organismo.

A Asociación de veciños de Barreiro Fontelas presenta catro suxestións. En materia de medio ambiente reclaman un punto de recollida de aceites e tecidos na zona sur da cidade e tamén piden un control máis exhaustivo de solares con maleza na cidade. Tamén propón no ámbito da cultura que se instalen paneis informativos sobre os monumentos da cidade así como que o servizo de arqueoloxía comprobe si a vía XIX pasa polo núcleo de Barreiro.

No caso de UNAVE reclaman dispositivos policiais para evitar colapsos de tráfico nas saídas de instalacións deportivas con aglomeración de público (Palacio Provincial, Anxo Carro e Palacio Municipal dos Deportes).
 
       
 
Relacionado co tráfico rexistrouse unha queixa dun lucense porque as máquinas da ORA non dan cambio "isto quítalle as ganas a calquera de ir de compras á súa cidade" conclúe o veciño afectado. Os populares recordan que na redacción do prego de adxudicación da ORA o grupo propuxo modificacións nas máquinas expendedoras de tickets que contemplasen o cobro por tempo real e a devolución de cambio.
Foto
 
     
 

Por segunda vez chega á comisión unha reclamación dun veciño na que denuncia que é imposible obter un xustificante do pago de recibos a través do portal do Concello. Cristina Ares recorda que o Grupo Popular xa puxo en coñecemento do Goberno Local a necesidade de solucionar canto antes este tema: "parécenos grave que se se denuncio fai un ano o Goberno Municipal fose incapaz de corrixilo en todo este tempo".

Tamén por segunda vez volve a comisión outra queixa sobre o funcionamento dos cartóns de bonobús; do cambio de ruta sen aviso nunha liña de bus urbano; e outra suxestión en materia de transporte público é para que se amplíe a frecuencia dos buses a Calde.

Para rematar no informe sinálanse outras reclamacións que teñen que ver co arranxo de pistas na zona rural (Lugar de Viador, á entrada de Nadela); e coa imposibilidade de conexión a Internet na zona rural.

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo