| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pedirá ao Pleno que apoie unha iniciativa sobre o AVE galego.
|
|
| |
26/06/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Popular presentou para debate no Pleno do próximo luns unha moción sobre o AVE co obxectivo de "apoiar o acordo verbal alcanzado onte polo Presidente da Xunta de Galicia e o Ministro de Fomento".
Os populares piden que a Corporación apoie a iniciativa da Xunta de Galicia e do Goberno Central de asinar un acordo institucional sobre infraestruturas no que queden protocolizados os seguintes compromisos:
A aprobación dun novo cronograma consensuado, dos proxectos e da liña do AVE con chegada á cidade de Lugo, con datas de tramitación, licitación e prazo de finalización das obras.
Aprobar a partir do ano 2010, as dotacións orzamentarias necesarias nos Orzamentos Xerais do Estado para cumprir cos novos prazos establecidos. |
|
| |
|
|
|
| |
O portavoz popular, Joaquín García Díez, analizaba a reunión celebrada entre Feijóo e Branco: "nestes momentos Galicia ten un goberno que baixo a lealdade institucional e a seriedade, defende os intereses de Galicia". O popular apuntou que "o Presidente da Xunta está cumprindo o prometido e anunciado cando era líder da oposición: buscando a concreción de prazos realistas do AVE, con consignacións orzamentarias". |
|
|
|
|