| |
O concelleiro popular Jaime Castiñeira critica o "descontrol e malgasto, por parte do Goberno Local á hora de executar nas obras. Presumen de austeridade e de aforrar cando son incapaces de reutilizar materiais aproveitables de obras municipais, que teñen certo valor económico, e que se poderían encaixar noutros lugares. Co diñeiro dos demais é moi fácil malgastar", puntualizou o edil.
A crítica dos populares xorde logo de comprobar que estes días estanse esnaquizando os bordos de cantería tanto da rúa Puro Cora como da Avenida de Ramón Ferreiro, "cando existe un acordo plenario, de Abril de 2006, para conservar o material que valla a pena ou que se poida reutilizar". Hai un pasotismo manifesto por parte do Goberno á hora de controlar os materiais nobres que aparecen en obras e que son susceptibles de reutilizar. |
|
| |
|
Incumprimento acordos plenarios.-
Os populares recordan que cando se fixo, fai catro anos, a obra das medianas de Ramón Ferreiro xa denunciaran que as pezas de cantería dos bordos leváronse fose do Concello, substituíndo este material nobre por formigón: "aínda que se reparen as cousas perdemos en calidade", lamentouse Castiñeira. |
|