-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

García Díez: "Que clase de Alcalde rexeita o diálogo e a cooperación da Oposición""

 
 
24/06/2009
grupo municipal
     
 
  • Orozco negouse esta mañá, na comisión de portavoces a convocar unha reunión para consensuar as prioridades de Lugo para trasladar á Xunta.
  • Os populares consideran que "un Alcalde debe utilizar o consenso como aval sempre que poida".
  • O Alcalde rexeitou tamén, fai uns meses, consensuar as obras do Plan Urban e as do Plan E.
 
barra
           
 
Ao acabar de revisar os asuntos da Xunta de Portavoces que se celebrou esta mañá, o popular Joaquín García Díez expúxolle ao Alcalde a convocatoria dunha reunión de traballo, cos técnicos que considerase oportunos, para propor e consensuar as prioridades de Lugo ante a Xunta.

O Alcalde rexeitou a proposta: "segue empeñado en erixirse portavoz de todos os portavoces" e "péchase en banda ao diálogo".
 
       
 
 
       
 
Foto
Os populares recordan que foi Feijóo, o pasado 3 de xuño, cando pese ao "pouco marxe de manobra con que conta a Xunta para o 2009" pediu que se priorizase desde Lugo que actuacións se consideran máis necesarias.
 
       
 
Orozco "rexeitou o ofrecemento" tanto do Presidente da Xunta como dos populares lucenses, que lle enviaron unha carta solicitando unha reunión específica. O Alcalde "interpretouno en clave persoal" e "falou en nome de todos" enviándolle, pola súa conta, ao Presidente da Xunta unha listaxe de obras prioritarias sen consultar o contido, polo menos co PP.
Foto
 
     
 
 
     
 

García Díez: "Se eu fose Alcalde, e o fun con maioría absoluta, empregaría como xa o fixen o consenso como aval para ter máis forza á hora de reclamar. Se cadra a Orozco non lle interesa que a Xunta, agora do PP, actúe con eficacia".

Orozco non é Lugo.-

Non é a primeira vez en que se demostra que Orozco pensa que a súa opinión é a da cidade, e que ou se está con el ou "contra Lugo".

Joaquín García Díez: "Quixemos opinar en dúas ocasións: coas obras do Plan Urban e co Plan E. Non accedeu á petición de o Partido Popular de consensualas e preferiu decidir en solitario". "Estamos ante un goberno en minoría que segue sen ter claros os proxectos de cidade".

Nese sentido García Díez recordou que Orozco ten sen realizar o primeiro Plan Estratéxico e xa nos vende un segundo Plan. O goberno local está máis pendente das fotos que de solucionar os problemas reais da cidade.

 
     


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo