-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular confirma os seus peores temores: os ingresos previstos por Orozco para 2009 eran ficticios

 
 
2"/06/2009
economia
     
 
  • Na comisión desta mañá confirmouse que a "1 de marzo só se recadou o 14% do previsto.
  • Os populares quéixanse do atraso na entrega da documentación e de que esta é insuficiente.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular reclama melloras urxentes na xestión do gasto público. Na comisión permanente especial de contas que tivo lugar esta mañá evidenciouse, unha vez máis, a existencia de deficiencias na tramitación de gastos que fan necesario a posta en marcha de medidas de xestión que melloren o axuste entre o que ingresa o Concello e o que gasta.

A xuízo dos populares, para corrixir esta situación é necesario pór en práctica medidas obvias en calquera economía doméstica como comprobar, antes de comprometer calquera gasto, que existe o crédito suficiente; que cando se fagan previsións téñase en conta a capacidade de gasto real e que se faga un seguimento exhaustivo dos expedientes. É necesaria unha planificación a longo prazo e que se establezan os criterios para dar prioridade a unhas actuacións sobre outras.
 
       
 
 
       
 
O Grupo Popular levará a Pleno unha proposición para que se realice un plan de axuste orzamentario.

Execución orzo 1º trimestre.-

Os populares critican a falta de transparencia do Goberno Local á hora de facilitar a información sobre a execución do orzamento de 2009 durante o primeiro trimestre.
Foto
 
     
 

A petición formulouse o "0 de marzo e a documentación entregada recentemente é ?pouco detallada para levar a cabo a tarefa de fiscalización?. As contas entregáronse fai uns días ?cando xa case correspondía a entrega das contas do semestre?.

Para os populares resulta preocupante o descenso na recadación, moi por baixo das previsións goberno local ?xa que unicamente recadouse o 14,"1 % do previsto?. Non nos serven agora as desculpas de que ?a crise é máis dura do que imaxinaban? cando o Grupo Municipal Popular xa advertiu, no debate previo á aprobación dos orzamentos, que isto ía suceder.

No caso dos impostos directos (impostos sobre a renda das persoas físicas, IBI, Impostos tracción mecánica e plusvalías, actividades económicas) a recadación foi do 2,94%.

Na recadación por impostos indirectos (IVE, Impostos especiais, impostor sobre construción e instalación de obras) a recadación foi de 14,"7%.

En canto a taxas e outros ingresos, no primeiro trimestre de 2009, recadouse o ",94% do previsto.

 
     


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo