| |

         
|
|
| |
O PP pide un Plan de Reaxuste Orzamentario e a comparecencia da concelleira de Economía
|
|
| |
19/06/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
O Grupo Municipal Popular reacciona así ante as preocupantes cifras de ingresos que anunciou hoxe Sonia Méndez, que recoñece que os ingresos por construción caeron un 80%.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, anunciou hoxe en rolda de prensa que o seu grupo rexistrou esta mesma mañá unha moción de urxencia na que se propón ao Goberno Local a execución dun Plan de Reaxuste Orzamentario.
Tamén pediron a comparecencia urxente da concelleira de economía, Sonia Méndez, para que explique por que no pleno celebrado o día 3 de novembro de 2008 (debate dos Orzamentos) dicía que o Goberno Local era moi previsor ao adiantar unha caída do 15% nos ingresos por construción, fronte ao 80% que se está recoñecendo agora. "Non axustaron ben daquela, como lles dixemos antes, durante e tras a aprobación dos Orzamentos".
O portavoz popular explicou que "é obvio que se os ingresos do Concello redúcense tan notablemente, haberá que axustar os gastos para non caer nunha espiral de déficit". |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
Así mesmo, os populares móstranse preocupados polas anunciadas "actualizacións" de taxas que anunciou a concelleira socialista Sonia Méndez, e recordaron que "en plena crise non parece moi coherente subir a presión fiscal, senón que o apropiado sería axustar ao máximo o gasto para non ter que, agora, subir os impostos". |
|
|
| |
|
|
| |
Leccións do Partido Popular.-
Os populares insisten en que, unha vez máis, o tempo dálles a razón. "Neste caso gustaríanos habernos equivocado, pero a realidade non sempre é a que queremos. Era evidente que o Concello ía reducir os seus ingresos por licenzas de construción en bastante máis do 15% que dicía o Goberno Local, pero a prepotencia e a soberbia o equipo de Orozco non deixa que ninguén lles axude, e prefiren insistir no erro que aceptar a man tendida dunha oposición responsable e comprometida con Lugo. Pénsanse que sempre hai unha intención oculta, pero o Grupo Municipal Popular demostrou máis que sobradamente que o seu único interese é o dos lucenses".
Joaquín García Díez recordou que o seu grupo suxeriu unha redución das previsións nun 50% como mínimo, pero que se lles tachou de alarmistas e a concelleira chegou a dicir que non ía recibir "leccións" do Partido Popular. O portavoz do grupo lamentou que "nin leccións, nin consellos, nin axudas; toda iniciativa que veña do PP refúgase sen sequera mirala dúas veces, pero nós non nos desanimamos e seguimos traballando e facendo propostas en positivo".
|
|
| |
|
|
|
|