| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular forza ao Goberno Local a facer controis diarios da comida que se serve no servizo de Axuda no Fogar
|
|
| |
19/06/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Sofía López Linares solicitará informes periódicos dos incidentes que se detecten.
-
"Non era tan despreciable a nosa denuncia como dicía o Goberno Local; grazas a ela os usuarios terán agora máis garantías e verán mellorado o servizo".
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
Na comisión extraordinaria de servizos sociais que se celebrou esta mañá, a súa Presidenta, a popular Sofía López Linares arrincou o compromiso do Goberno Local de controlar a diario o servizo de comida no fogar.
A denuncia que presentou o pasado 16 de xuño o grupo popular sobre deficiencias graves no servizo de comida no fogar provocou, nos últimos días, unha reacción en cadea de medidas correctoras por parte do Goberno Local. "Polas explicacións de Carmen Basadre quedou claro que foi grazas a presión exercida polo PP cando se viron obrigados a dar a cara e a esixir unhas medidas que non estaban previstas".
O Partido Popular forzou que o goberno local tomase varias medidas:
- Pór en marcha un control diario e aleatorio dos alimentos que se entregan aos usuarios do servizo. Pasadas as primeiras semanas o control será quincenal
- A empresa entregará no departamento de Servizos sociais un menú de degustación semanal.
- A xefa de servizo e a médico serán as responsables do control dos alimentos que se sirvan.
- Estudarase, en futuros contratos, eliminar as comidas pasteurizadas de face a mellorar o sabor e presentación dos alimentos
- Outra consecuencia directa foi o cambio de todo o persoal da empresa que presta o servizo.
Á vista da información facilitada por Basadre, o Partido Popular anunciou que retirará a petición de comparecencia en pleno da concelleira. De todos os xeitos tamén advertiu que fará un seguimento estrito do funcionamento do servizo e solicitará o informe técnico que elabora a xefa de servizo, onde figuran os incidentes deste período de intervención así como os informes periódicos dos controis que a partir do luns comprometéronse a realizar. |
|
| |
|
|
|
| |
Sofía López Linares: "Non era tan despreciable a nosa denuncia como dicía o Goberno Local; grazas a ela os usuarios terán agora máis garantías e verán mellorado o servizo". |
|
|
| |
|
|
|
|