-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular logra o apoio de PSOE e BNG á súa proposta de crear un observatorio da publicidade sexista

 
 
18/06/2009
bienestar
     
 
  • Sofía López Linares considera que "hai que buscar a desaparición dunha publicidade baseada no sexismo e que ten como consecuencia directa o menoscabo da dignidade e a imaxe da muller".
 
barra
           
 
Hoxe, no Foro de Participación en Materia de Igualdade, o Grupo Municipal Popular presentou unha iniciativa na que se propón o establecemento dun observatorio da publicidade sexista. A súa función sería vixiar, principalmente, a incidencia da publicidade sexista e a súa relación coa prostitución en Lugo.

O Grupo Municipal Popular conseguiu o apoio de PSOE e BNG para que se introduza un apartado dentro do Observatorio Xeral que se está gestando, no que se incluiría o de Publicidade Sexista, para poder realizar un control exhaustivo recollendo datos de incidencias e analizar así a evolución destas mensaxes sexistas.
 
       
 
Sofía López Linares considera que "é prioritario, dentro dunha política de igualdade, buscar a desaparición dunha publicidade baseada no sexismo e que ten como consecuencia directa o menoscabo da dignidade e a imaxe da muller".
Foto
 
     


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo