| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide explicacións polas deficiencias detectadas no servizo de comida no fogar
|
|
| |
16/06/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular pedirá a comparecencia urxente da responsable de servizos sociais, Carmen Basadre, para que informe das deficiencias detectadas no servizo de comida do fogar. |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
Sofía López Linares indicou que "verificouse que polo menos nalgunha ocasión fornecéronse alimentos con dubidosas condicións hixiénico-sanitarias" tal e como se recoñece no informe do expediente aberto polo Concello: |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
- Non se entregaron menús a distintos usuarios os día 26 e 27 de Maio de 2009;
- Deficiencias graves en etiquetaxe que provocan confusión aos usuarios (non se especifica si é un primeiro prato ou segundo unicamente identifícase con claridade a sobremesa; falla a data de consumo preferente e ata nalgúns casos nin tan sequera especifícase a data de caducidade dos alimentos);
- Menús sen adaptar á problemática específica de saúde dos beneficiarios do servizo; (diabéticos, cardiópatas, encamados, hipertensos").
- Non se entrega a todos o menú de subsistencia ou urxencia pactado (trátase dun avance na que se ofrece un menú a maiores dos sete semanais que se entregan);
- Non se facilita un xornal semanal que se comprometeu como avance;
- As comidas entréganse todas xuntas, nun único día e non en dous tal e como se recolle no contrato coa adxudicataria.
Sofía López Linares tamén explicou que no informe do goberno local o médico do Concello refire que a totalidade das persoas que visitou queixáronse "da mala elaboración e da escaseza da comida".
Situación moi grave.-
Os populares consideran "moi grave" esta situación, por iso é polo que pidan explicacións urxentes na comisión de benestar social que se celebrará o vindeiro luns. Dado que mañá mércores péchase o prazo para rexistrar iniciativas de pleno, Sofía López avanzou que pedirán tamén a comparecencia en pleno de Carmen Basadre pero xa adiantou que se as explicacións, na comisión prevista para o luns, son esclarecedoras retirarán esta iniciativa.
O Grupo Municipal Popular quere saber se esta é a primeira vez que se detectan deficiencias no servizo de comida a domicilio; tamén quere saber de que xeito o Goberno Local garante o correcto funcionamento do servizo e se corren algún tipo de risco os usuarios. López Linares pide que se expliquen "que medidas adoptou o Concello e desde cando son efectivas". A concelleira popular tamén reclamará os escritos que presentaron os usuarios do servizo para coñecer de primeira man o alcance deste caso.
Os populares recordan que o servizo de comida ao fogar utilízano persoas de entre 60 e 90 anos, con diferentes problemas de saúde e co agravante de que a maior parte deles viven sos. A empresa UCALSA S.A. é desde o pasado seis de marzo a adxudicataria do servizo.
|
|
|
|