| |
Os populares recordan que a idea do Goberno Local é asfaltar por completo todo o espazo dedicado na actualidade a aparcadoiro de vehículos que acoden ás competicións que se celebran no pavillón, así como para zona de descanso de autocaravanas.
Os populares consideran que é moi necesario actuar nesta zona pola súa evidente deterioración e abandono, pero pensan que é unha mágoa eliminar o pavimento singular, de cantería con panos de cantos rodados, colocados a man.
Do mesmo xeito que a pista de patinaxe situada no bancal das costas do parque protéxese cando se colocan as casetas do polbo, poderíase pensar nunha solución parecida para esta chaira cando se coloquen as atraccións do San Froilán.
O Grupo Municipal Popular recorda que nas súas propostas para os investimentos do Fondo Extraordinario, incluía a rehabilitación total do antigo pavillón e a súa contorna, que actualmente presenta un aspecto pouco adecuado. |
|