-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide a revisión das características subvencionadas polo URBAN

 
 
12/06/2009
grupo municipal
     
 
  • Os populares presentaron unha iniciativa para debater no próximo pleno tras as queixas de profesionais que apuntaron que "hai algún modelo de cadeira que aparentemente só produce un fabricante".
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular presentou hoxe unha proposición na que se pide ao Goberno Local que paralice as axudas ao mobiliario urbano que subvenciona o Plan URBAN ata que se modifiquen as bases do prego de condicións.
 
       
 

Os populares reaccionaban con esta iniciativa tras escoitar as denuncias recibidas por profesionais do sector e tras comprobar que hai algún modelo de cadeira que aparentemente só produce un fabricante.

Foto
 
     
 
 
     
 

A proposición que presenta o Grupo do Partido Popular para debater no próximo pleno ten os seguintes puntos:

  • Paralizar a concesión das axudas suxeitas ás "bases que rexen as axudas a empresas da zona URBAN para a instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas" ata introducir as modificacións necesarias, para garantir a libre concorrencia de empresas fabricantes.
  • Abrir de xeito urxente un período de consultas cos colectivos profesionais interesados no tema, asociacións de comerciantes e hostaleiros, para introducir as oportunas modificacións que melloren o actual marco normativo para que harmonice pero non uniformice, o mobiliario a utilizar.
  • Unha vez feitas esas modificacións, abrir un novo prazo no que os hostaleiros e empresarios da zona URBAN podan solicitar as axudas previstas.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo