-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular afirma que o déficit do guindastre segue aumentando sen control

 
 
09/06/2009
interior
     
 
  • O Concello de Lugo pagou polo servizo do guindastre, no primeiro trimestre de 2009, preto de 120.000 euros.
  • Enrique Rozas: "Un exemplo do fracaso da reestruturación da policía é que non se mellorou o servizo".
  • Os populares cren que "por responsabilidade política" teríase que revisar o contrato e recordan que desde que comezou a concesión o custo supera os 1.200.000 euros.
 
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular denuncia que no primeiro trimestre de 2009 o custo do servizo do guindastre seguiu crecendo con respecto a anteriores exercicios. O Concello desembolsou preto de 120.000 euros: A recadación nese período foi de cerca 4.000 euros fronte aos 43.000 euros mensuais que aproximadamente lle custa ao Concello o servizo.
 
 
O concelleiro popular Enrique Rozas explicou que estes datos confirman as súas denuncias anteriores, en que se facía ver que hai unha tendencia á alza no gasto, polo que aínda que legalmente non toca revisar o contrato do servizo do guindastre "por responsabilidade política" considera que é o momento de levar a cabo unha intervención inmediata para frear esta sangría económica.
Foto
 
 
"É o momento de redefinir este servizo municipal xa que queda demostrado, de xeito evidente, que se trata dun servizo sobredimensionado: son necesarias dous guindastres a pleno rendemento?" pregúntanse os populares.

Os populares puxeron de manifesto que o equipo de goberno ligou este desfasamento económico ao conflito policial. Agora que "todo vai ben, como afirma o Goberno" Rozas pregúntase "que desculpa van pór para xustificar estas cifras"". O edil popular ironizou coas medidas de aforro do PSOE "rebaixar en 3.000 euros a factura dos móbiles, utilizar os folios por dúas caras" todo isto está moi ben pero é dun cinismo claro cando teñen un servizo deficitario e non toman medidas".

Os populares indicaron que o Concello gastou 1.236.000 euros desde a entrada en funcionamento do servizo do guindastre, en 2006.

De non revisar o servizo, cando finalice o contrato, no ano 2015 o concello malgastaría máis de CATRO MILLÓNS DE EUROS.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo