O Grupo Municipal do PP critica que a ausencia de representantes socialistas e nacionalistas impedise desenvolver a orde do día do Foro de Participación en materia de Igualdade. A súa ausencia provocou que non houbese quórum esta mañá polo que tras dúas horas de reunión non se puido chegar a ningún acordo.
Dos catro representantes socialistas só apareceu a presidenta, nin Sonia Méndez, nin Luisa Zarzuela, nin o representante do grupo socialista presentáronse á convocatoria, tampouco asistiu ningún representante do BNG.
Proposta.-
A pesar de que non había quórum, a concelleira popular Sofía López Linares, presentou unha iniciativa que terá que debaterse o próximo día 18 de xuño. Trátase da creación dun observatorio de publicidade que vixíe de forma especial os anuncios sexistas. Sofía López Linares recordou denuncias recentes en Lugo como un sorteo dun negocio no que se publicitaban: "tres pos e unha copa de champan a elixir moza como premio"; o pasado mes chegaron cartas sexistas a médicos de atención primaria, por parte dun laboratorio, promocionando medicamentos contra a impotencia masculina; houbo outro caso no que como reclamo dun concurso de caza colocábase unha parte do corpo da muller como diana...