-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica que na xornada electoral non houbo reforzos no parque de Bombeiros

 
 
08/06/2009
interior
     
 
  • Desde as nove da mañá e ata as nove da noite só houbo tres efectivos de servizo.
  • Enrique Rozas afirma que durante dúas horas o parque quedou sen efectivos por mor de dúas saídas consecutivas.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular denuncia que onte, entre as nove da mañá e as nove da noite, só houbo tres bombeiros de servizo no cuartel de Lugo. Por mor das saídas que tiveron que efectuar a media tarde, no parque só quedou a persoa que atende o teléfono.

O concelleiro Enrique Rozas critica a falta de previsión por parte dos responsables municipais, tendo en conta que onte foi unha xornada especial, cun proceso electoral. O normal sería que o Concello establecese dispositivos especiais tal e como fixeron outras forzas e corpos de seguridade.

De feito na xornada de tarde os tres bombeiros que había de guaria tiveron dúas saídas. A primeira para un lavado de manchas de aceite na rúa Fachendosos Enríquez; logo víronse obrigados a abandonar este servizo xa que se requiriu a súa presenza para sufocar un incendio no antigo hotel Miño.
 
 
Rozas puntualizou que "proba de que o Goberno Local non tiña unha previsión é que se chamou a dous bombeiros que estaban de permiso para que entrasen antes na súa quenda".
Foto
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo