| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular propón que se definan na Xunta de Portavoces as prioridades para Lugo
|
|
| |
04/06/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
García Díez: "esperamos que a actitude de colaboración demostrada onte por Orozco mantéñase e acceda á nosa petición".
-
O portavoz do PP presentoulle onte ao Presidente da Xunta dous completos dossiers coas necesidades da cidade entre as que destacou: a conservación muralla, o proxecto Lugo cidade dos oficios para o casco histórico e melloras urxentes da estación de autobuses.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, pediu esta mañá a creación dun grupo de traballo para definir as prioridades de Lugo e facerllas chegar ao Presidente da Xunta tal e como el mesmo suxeriu na xunta de portavoces que se convocou durante a súa visita á cidade.
No escrito que lle dirixe ao Alcalde, García Díez indicou que "requiríullenos un esforzo á hora de priorizar as infraestruturas para a cidade, polo que lle rogo valore a conveniencia de convocar unha xunta de portavoces específica para definir e consensuar, entre os tres grupos da corporación, as prioridades para Lugo". |
|
| |
Os populares esperan que o Alcalde estea á altura e non lles defraude. "Se non accede á nosa petición quédanos o recurso de levalo a Pleno", puntualizou. |
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
Propostas do PP
García Díez explicou que durante a reunión de portavoces co Presidente da Xunta entregoulle dúas dossiers: un coas necesidades da cidade e outro cos referentes de temas que se trataron nestes dous anos no Concello e nos que ten competencias a Xunta.
Á marxe do novo hospital e do polígono das Gándaras os populares trasladáronlle ao Presidente da Xunta unha completa listaxe de necesidades entre as que destacan:
- A prioritaria conservación da Muralla. O Concello pode e debe asumir a limpeza e vixilancia.
- Seguir co proxecto de rehabilitación do casco histórico que iniciou o PP coa peonalización e compra de inmobles. Pídese que se complete o programa Lugo cidade de oficios para que nos baixos de moitas das casas implantar talleres artesanais de oficios en perigo de extinción, como motor turístico e económico.
- Estación de Autobuses mentres non se define onde estará a intermodal e como será a entrada do AVE, son necesarias actuacións urxentes na estación de autobuses de Lugo para que se corresponda co nivel dunha capital de provincia.
Agradecemento.-
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, dixo que era "digno de agradecer" que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo "visitase a cidade nos primeiros 50 días logo da súa toma de posesión. É algo máis que un xesto: demostra o seu compromiso con Lugo". |
|
|
|