-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica o cinismo do PSOE que urxe accións na Muralla cando en catro anos no Bigobierno non fixeron nada

 
 
04/06/2009
grupo municipal
     
 
  • Aos populares parécelles moi ben "que se agasalle as autoridades con pins da muralla" pero insisten en que "a que hai que coidar é a Muralla de verdade, non só a do pin para a foto".
  • Recórdanlle á responsable de cultura que, neste mandato, os socialistas votaron sistematicamente en contra de iniciativas do Grupo Municipal Popular para mellorar o monumento.
  • Tamén criticaron que Concepción Burgo "nin se molesta en dar cumprimento a un acordo de Pleno no que, por unanimidade, aprobouse crear unha comisión específica para programar actos do noveno aniversario da Muralla".
 
barra
           
 
Os populares cualifican de "cinismo político" o "urxente e repentino interese" da concelleira socialista Concepción Burgo pola conservación da Muralla de Lugo.

O Grupo Popular está sorprendido pola iniciativa que acaba de presentar a citada edila no Parlamento de Galicia, en calidade de deputada, sobre a conservación da Muralla e pregúntanlle "por que nos catro anos nos que gobernaron os seus non asinaron un convenio entre a Xunta e o Concello".

A xuízo do Grupo Popular o que se esconde tras a iniciativa da concelleira socialista é a incapacidade do Alcalde de asumir a súa responsabilidade e intentar botar balóns fose culpando ao novo Goberno da Xunta do que el foi incapaz de resolver nestes anos.
 
 
O Grupo Municipal Popular tamén pon en evidencia a incapacidade de xestión desta edila, "resulta chocante e pouco serio que sexa ela precisamente a que reclame, con tanto ímpeto, actuacións na Muralla cando votou en contra iniciativas de ámbito municipal encamiñadas a mellorar a conservación e protección o monumento romano".
Foto
 
 
Os populares tamén lle recriminaron a responsable de cultura que "nin tan sequera moléstese en dar cumprimento a un acordo de Pleno no que, por unanimidade, aprobouse convocar unha comisión de cultura específica para planificar, con suficiente antelación, os actos conmemorativos do noveno aniversario da Muralla".

A proposta do PP aprobouse por unanimidade no pasado mes de decembro. Desde o Grupo Popular xa se puxeron sobre a mesa dúas accións: 1. Organizar unha proba deportiva de ámbito autonómico ou nacional para pór en valor a muralla 2. Durante a semana da conmemoración abrir, de forma gratuíta, o Centro de Interpretación da Muralla.

Aos populares parécelles moi ben "que se agasalle as autoridades con pins da muralla" pero insisten en que "a que hai que coidar é a Muralla de verdade, non só a do pin para a foto".
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo