-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular presentará unha queixa ao Valedor do Pobo pola negativa de Orozco a votar en Pleno unha iniciativa do PP

 
 
02/06/2009
grupo municipal
     
 
  • Joaquín García Díez tamén elevará unha consulta á Dirección Xeral de Administración Local.
  • Os populares anunciaron que volverán presentar esta proposta para que o Alcalde poida rectificar.
  • En setembro de 2006 Orozco tamén rexeitou votar dúas iniciativas que logo tivo que admitir por indicalo así un informe da Xunta e do Secretario do Concello.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular anunciou que utilizará todos os mecanismos que teña ao seu alcance para que o Alcalde rectifique a súa postura "ditatorial". Hoxe mesmo presentou unha queixa ante o "Valedor do Pobo" e tamén se fará unha consulta á Dirección Xeral de Administración Local.

Deste xeito reaccionaban hoxe os populares tras verse obrigados a abandonar o salón de sesións como xesto de protesta "pola actitude prepotente do Alcalde, que impediu someter a votación unha proposta de urxencia sobre a crise interna no seo do goberno, a pesar de que o secretario, en dúas ocasións, dixo, de forma moi clara, que había que votala".
 
 
O portavoz popular tamén avanzou que o seu grupo volverá presentar "as veces que faga falta" a iniciativa que Orozco se negou a votar onte en Pleno e na que se pedían explicacións sobre a crise en seo do goberno socialista. Os populares cren que Orozco "quere dar carpetazo a un debate que prexudica a súa imaxe e a do seu grupo".
Foto
 
 
A verdadeira cara do Alcalde.-

Os populares afirman que estas actitudes "destapan a verdadeira cara do alcalde" e recordan outros episodios similares nos que Orozco puxo trabas ao exercicio democrático da oposición.

"En setembro de 2003 Orozco rexeitou votar dúas iniciativas (unha sobre proxectos de reforma das avenidas de Madrid e das Américas e outra sobre a apertura das instalacións dos colexios fose do horario lectivo). O alcalde non incluíu as propostas na orde do día do pleno alegando que non estaban ben redactadas".

Orozco só rectificou esta postura "por imposición" logo de recibir un informe da Consellería de Xusticia no que se instaba ao goberno a aceptar as mocións da oposición dando a razón ao grupo popular. O Alcalde encargou un novo informe ao secretario, cuxa valoración coincidiu co escrito da Xunta e negáballe a razón a Orozco.

"Confiamos en que novamente as institucións de defensa do pobo volverannos a dar a razón, xa que o propio Secretario do Concello indicou claramente que había que votar a iniciativa, pero o Alcalde negouse facendo gala da súa actitude ditatorial".
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo