| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular leva a Pleno os últimos cambios no seo do Goberno Local
|
|
| |
01/06/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide nunha proposición ao equipo de Orozco que explique no Pleno os cambios producidos ata o momento no seu Goberno. |
|
| |
Na proposición, que se debaterá o Luns en Pleno, proponse o adianto do Estado da Cidade que se adoita celebrar no outono. O cesamento do Director Xeral de Novas Tecnoloxías foi o detonante desta iniciativa, aínda que os populares tamén tiveron en conta outros cambios feitos con anterioridade por Orozco cun claro efecto negativo na xestión do Goberno. |
|
|
| |
|
|
|
| |
Iniciativa no Pleno.-
Ademais desta iniciativa, no pleno deste luns o Grupo Municipal Popular defenderá outras tres: unha sobre o futuro enlace da ponte coa cidade, outra para pór en marcha un banco de obxectos reutilizables e para rematar outra relacionada co financiamento local.
Na orde do día tamén figuran tres rogos populares: un para trasladar a caseta abandonada polo Goberno na Praza da Constitución a un punto do Camiño Primitivo e usala como punto de información, outro sobre puntos de recollida de plásticos agrícolas e un terceiro sobre arranxos do Colexio de Casás.
Tamén se presenta unha pregunta sobre as obras a executar no presente exercicio dentro do Plan Director do Parque de Rosalía. |
|
|
|