| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular presenta unha batería de 34 preguntas para fiscalizar a evolución dos proxectos o Goberno Local
|
|
| |
11/06/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Os populares anunciaron esta ofensiva de iniciativas cando fixeron público, fai uns días, o seu balance dos dous anos deste mandato do Goberno local.
-
García Díez afirma que Orozco non se deixa axudar e defende o traballo de oposición responsable e construtiva do seu grupo.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, presentou esta mañá no rexistro municipal do Concello de Lugo unha primeira batería de 34 preguntas de distintas áreas. Desta forma cumpría o anuncio realizado o pasado 28 de maio durante a valoración que o seu grupo fixo á xestión do Goberno Local.
Os populares avanzaron que iniciarían ao longo deste mes "unha ofensiva de iniciativas para facer un seguimento exhaustivo, área por área, dos proxectos pendentes". En función da información obtida presentarán propostas co ánimo de mellorar a vida dos lucenses.
Joaquín García Díez apuntou que estas preguntas están pensadas para servir de acicate aos moitos proxectos que están "paralizados, moi atrasados, ou dos que directamente non se falou máis desde o seu anuncio, normalmente feito en campaña ou de forma mediática buscando un efecto cortoplacista pero falto de rigor". |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
Contido.-
Unha da preguntas do portavoz popular ao Alcalde de Lugo é se está disposto a convocar aos portavoces municipais e aos representantes do transporte interurbano, hostaleiro e comercial, así como aos representantes veciñais de Lugo, para fixar os criterios e prioridades que deberían contemplar as actuacións que o Goberno Galego poida abordar no menor tempo posible respecto da Estación de Autobuses. Nese sentido pide información sobre se contempla o Goberno Municipal actuacións de reordenación do tráfico na contorna da Estación de Autobuses e na entrada e saída do estacionamento público da Praza da Constitución.
Outro asunto que se pon na mesa ten que ver co cesamento do anterior director do CETAL e o nomeamento do novo. Os populares preguntan ao Alcalde se lle parece asumible que nesta ocasión o Padroado non realizase ningún proceso selectivo, e tamén queren saber se intentou que a reunión convocásese en Lugo.
Os populares tamén queren saber os prazos que ten o Goberno Local para materializar proxectos como "o remate definitivo da totalidade do parque dos Paxariños, o programa de recollida de aceite, a reparación do repetidor de Poutomillos"". Así mesmo piden explicacións de "a xestión de distintos servizos como bombeiros, mocidade" e reclaman que se aclaren os plans do Goberno Local respecto da fiestra arqueolóxica da rúa Nova, ou a posta en marcha do programa de recollida de aceite doméstico usado. Hai tamén unha petición do informe prometido o 22 de setembro de 2008 sobre o sucedido durante a celebración do día da bicicleta.
Desde o Grupo Popular queren que se clarifique o custo dos carteis do Plan E nas pistas do rural; preguntan onde está a axuda prometida para integración de inmigrantes en centros educativos da cidade para o primeiro cuadrimestre do presente curso escolar. Pídense as cifras do superávit e déficit dos servizos municipais así como do número de recibos impagados.
Oposición Construtiva.-
O portavoz popular insiste en que o Grupo Municipal Popular non caerá na trampa "que nos pon o goberno local". Outra cousa, apuntou é que "exerzamos os dereitos que nos protexen en democracia, xa que aínda que é certo que o Alcalde controla o desenvolvemento do Pleno, a Lei contrólao a el", en referencia á denuncia que se presentará en breve ante o Valedor do Pobo.
García Díez insiste en que "desde o Grupo Municipal Popular non imos cambiar a nosa forma de facer Oposición; seguiremos sendo unha oposición construtiva, fiscalizadora e que só ten un obxectivo: mellorar a vida dos lucenses e gañarnos a súa confianza para as próximas eleccións municipais". |
|
|
|