-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular reclama ao Goberno Local melloras na sinalización e o mantemento do Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo

 
 
10/06/2009
cultura
     
 
  • A concelleira Alicia Pena, que revisou o tramo completo, detectou varios puntos negros, destacando un desvío do camiño cara a un área sinalizada como perigosa por uso de explosivos.
  • Os populares consideran que, tanto a Muralla como o Camiño Primitivo de Santiago son dous grandes potenciais que este Goberno desaproveita porque é incapaz de promocionalos de forma adecuada.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular presentou esta mañá un informe sobre o estado de conservación e sinalización do Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo. Alicia Pena dixo alegrarse de que "por fin, aínda que que sexa por imposición da Xunta, o Goberno Local decídase a revisar este tramo", en alusión ao requirimento que fixo estes días a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo ao Concello de Lugo dentro da súa programación de preparativos para a campaña de verán.

Co ánimo de contribuír nesta tarefa a concelleira popular Pena Murias, percorreu unha vez máis a ruta, detectando os puntos negros máis significativos deste itinerario. A popular puxo en coñecemento do goberno de Orozco algunhas ideas para mellorar a ruta "son medidas que custan pouco: o único que requiren é que haxa vontade política".

Os populares lamentan que o goberno local socialista "non entenda o potencial tanto do Camiño Primitivo como a Muralla de Lugo" e recrimínanlle a súa incapacidade por promocionar adecuadamente ambos os reclamos turísticos.
 
 
Foto
Foto
 
 
Propostas.-

Para os populares unha das prioridades que debe ter en conta o Goberno Local é a necesidade de mellorar a sinalización que nalgúns puntos é escasa é confusa.

Un dos puntos máis problemáticos é o tramo desde Bascuas a Carballido. Ao chegar a Carballido os camiñantes teñen problemas para coller o desvío correcto xa que non é visible e moitos confúndense e seguen pola estrada: "Ves Lugo pero non dás chegado porque che desvían constantemente, complícase moito o final" quéixanse os peregrinos.

Os peregrinos quéixanse que o final de etapa, logo dos desvíos continuos para chegar á cidade, e de subir os trinta banzos das escaleiras que comunican a rúa San Eufrasio con Fontiñas, non hai ningún sinal para recibir aos camiñantes. Os populares propón que se coloque un panel informativo indicando o paso da ruta por Lugo, teléfono do albergue e outros datos de interese.

Os populares tamén piden que o Concello estude a posibilidade de colocar a caseta de información que está abandonada na praza da Constitución nun punto do Camiño Primitivo.

A concelleira popular pide un mantemento periódico dos puntos limpos que hai ao pé do camiño nas parroquias de Bascuas, O Burgo, Vilar, e San Pedro de Abaixo. "O goberno local ten que velar para que non se acumulen os desperdicios, nin haxa maleza na contorna porque ademais do impacto ambiental dáse unha mala imaxe aos camiñantes".

Limpeza e mantemento das marquesiñas que se atopan ao pé do camiño e que habitualmente presentan un estado lamentable.

Un maior control da limpeza de maleza nas cunetas por onde discorre o camiño polas parroquias do Burgo a Crecente.

Estudar a creación de zonas de descanso para peregrinos. Pena suxire acondicionar o local social abandonado do Burgo.

Outra queixa habitual dos peregrinos ten que ver coa mala cobertura da telefonía móbil.


Para rematar os populares propón que se estude a posta en marcha dunha programación ligada ao Camiño Primitivo. Non buscar actos puntuais senón pechar actividades que teñan continuidade e que poñan en valor esta ruta, unha das máis descoñecidas.
 
       
 
Foto
Foto
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo