| |
Os nove concelleiros do GMPP, abandonaron esta tarde a sesión do Pleno tras a negativa do Alcalde de someter a votación unha proposición da súa autoría. Na iniciativa pedíanse explicacións sobre a crise que hai no seo do goberno socialista.
Para o portavoz do grupo Popular, Joaquín García Díez, a decisión de Orozco é unha proba palpable "da súa actitude intolerante". Os populares acusan ao alcalde de cercenar un dereito ligado á fiscalización que exerce a oposición, apuntando ademais que "non é a primeira vez que fai isto e que logo ten que corrixir porque lle obrigan instancias autonómicas". |
|