-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular alerta das crecentes dificultades para reunir os ingresos necesarios para facer fronte aos servizos municipais

 
 
31/05/2009
economia
     
 
  • A rebaixa de ingresos fai máis urxente a reforma do modelo de financiamento das entidades locais polo desaxuste entre os ingresos e os gastos que teñen que afrontar para prestar servizos aos cidadáns.
  • O Grupo Municipal Popular presenta unha proposición ao Pleno que busca axustar as competencias que exerce o Concello de Lugo con respecto aos fondos que recibe doutras administracións.
 
barra
           
 
A concelleira Cristina Ares apunta que "os Concellos están gastando máis dunha cuarta parte do seu orzamento en competencias que non son propias, polo que se xera un buraco. As medidas de Zapatero contra a crise están xerando máis gasto público e máis débeda, agravando o problema de financiamento da Administración".
Foto
 
       
 
A xuízo dos populares o financiamento local ten que incrementarse en proporción equivalente ao financiamento autonómico e ademais fai falta saldar o déficit de representación institucional das entidades locais.

Na proposición que presenta o Grupo Popular para o próximo pleno reclámase a participación dos gobernos locais nos foros de discusión e negociación sobre o financiamento das administracións públicas talles como o Consello de Política Fiscal e Financeira.

Falta de transparencia.-

A edil popular, Cristina Ares, tamén expresou a súa queixa polo atraso, por parte do goberno local, á hora de entregar á oposición, a documentación que se solicitou fai case dous meses, sobre os ingresos e gastos do primeiro trimestre de 2009.
 
       


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo