-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pregunta polos criterios que utilizará Mocidade para prestar os traxes do Arde Lucus propiedade do Concello

 
 
30/05/2009
bienestar
     
 
  • O Grupo Municipal do Partido Popular, presentou unha batería de preguntas para coñecer os criterios que utilizará a responsable de mocidade, Rosana Rielo, para entregar de forma gratuíta os traxes de romanos propiedade do Concello.
  • As preguntas dos populares xorden logo de coñecerse, polos medios de comunicación, que a Concellaría de Mocidade ten intención de ceder os traxes a "colaboradores" deste área.
 
barra
           
 
Durante a pasada edición das festas do Arde Lucus, o Concello puxo a disposición dos lucenses un centenar de traxes feitos polos reclusos da prisión de Bonxe. Con todo, a Concellaría de Mocidade ten intención de suspender esa actividade e ceder os traxes a "colaboradores" da propia Concellaría. Para os populares resulta "rechamante" que se utilicen todos eses traxes para os "colaboradores" da Concelleira.
Foto
 
       
 
Tamén se pregunta por que, dado o éxito da iniciativa o pasado ano, no que houbo moita máis demanda de traxes que oferta, non se ampliou a esta edición do Arde Lucus a elaboración en Bonxe, de forma que o Concello dispuxese de máis pezas para prestar aos lucenses.

O Grupo Municipal Popular mostra a súa preocupación polos criterios que se van a utilizar para a repartición, e espera que non sexa "unha coladera para prestar os traxes de todos os lucenses aos "amiguetes" do Goberno Local.

Os populares queren saber entre outras cousas:


De cantos traxes, do centenar que se fixeron o pasado ano, dispón actualmente o Concello"

Á vista de que o pasado ano houbo problemas de dispoñibilidade para acceder aos traxes, por que non se continuou este ano a elaboración de traxes para ampliar a política de préstamo aos lucenses"

Que criterios vanse a utilizar para facer a cesión dos traxes aos interesados"
 
       


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo