| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular acusa aos socialistas de colocar un Comisario Político á fronte do CETAL
|
|
| |
29/05/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
García Díez critica a falta de transparencia da orde do día da reunión na que se designou ao novo director.
-
Aos populares chámalles a atención que, por primeira vez, o padroado reúnase en Madrid "como perderon o goberno da Xunta xa non lles interesa a foto en Galicia".
-
Pediranse explicacións no Congreso dos proxectos que sacaron adiante este ano e os postos de traballo que crearon.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, pide que se aclaren os motivos que se esconden tras a "perda de confianza" do xa ex director do CETAL. Joaquín García Díez considera o novo nomeamento como un "brusco cambio de rumbo para colocar a un comisario político á fronte dun Centro Tecnolóxico".
García Díez insiste en que "todo aquel sainete de fai un ano" agora volve reproducirse (en alusión á filtración de José Branco do seu candidato ao posto).
|
|
| |
|
|
|
| |
Ao goberno socialista xa non lles interesa a foto en Galicia e reúne ao padroado, por primeira vez, en Madrid, "con nocturnidade e aleivosía" cunha orde do día "pouco transparente". En lugar de dicir, con claridade, substitución, cesamento e nomeamento do director do CETAL ese tema titulouse "atribución de funcións ordinarias de administración da fundación". |
|
|
| |
|
|
|
| |
Joaquín García Díez culpa aos socialistas de xerar unhas expectativas que non foron capaces de cumprir "desde o ano 2004 o CETAL foi unha das promesas estrela tanto do alcalde como do señor José Branco, como da Ministra Espiñenta, chegando a ofrecer a creación de 15.000 postos de traballo".
O portavoz e deputado popular, pedirá á Ministra que explique no Congreso que proxectos, durante este ano, sacou o CETAL e que postos de traballo xeraron estes proxectos. |
|
| |
|
|
|
|
|