| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide explicacións ao Goberno Local pola súa decisión de impedir, por segundo ano consecutivo, a celebración dunha Feira de Asociacións.
|
|
| |
29/05/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
Na mañá de hoxe, o Grupo Municipal Popular recibiu a queixa das Asociacións agrupadas no chamado Consello de Asociacións Socioculturais de Lugo, que fixo público o seu malestar pola actitude do Goberno Local, que lles impediu a celebración dunha Feira de Asociacións Sociais e Culturais na nosa cidade. |
|
|
| |
|
|
|
| |
Os populares anuncian que levarán este tema a debate en Pleno, xa que consideran de interese "dar o maior apoio posible ao movemento asociativo da cidade, xa que o tecido da sociedade civil baséase en gran medida nestas organizacións, e ese tecido é fundamental nunha democracia participativa como a nosa".
Mentres tanto, o Grupo Municipal Popular pide ao goberno de Orozco que aclare "as causas que levaron ao Goberno Local a impedir durante dous anos consecutivos a celebración desta Feira" |
|
| |
|
|
|
|
|