| |
O portavoz do Grupo Municipal Popular e deputado nacional, Joaquín García Díez, anunciou que pedirá ao Goberno que explique os motivos do cesamento do que ata agora foi o director do CETAL, Enrique Rei. "Descoñecemos se o cesamento está motivado por razóns políticas ou persoais". O portavoz popular tamén solicitará información sobre o estado dos proxectos tramitados ata o momento. |
|
|
| |
Nese sentido recordou como se cubriu esta praza "a persoa elixida para o posto non puido ocupar a praza por mor dunha filtración que protagonizou o actual Ministro, José Branco. Agora parece que destitúen a quen se viron obrigados a designar", puntualizou García Díez.
Os populares esperan que a nova etapa que se abre sexa para desbloquear proxectos porque ata o de agora "o rendemento do CETAL foi negativo". O portavoz popular recorda como "desde 2004 non se materializou ningún proxecto de interese" puntualizando como os 15.000 postos de traballo novos quedaron en só seis.
O Grupo Municipal Popular denunciou en numerosas ocasións que os socialistas vendesen, ano tras ano, o mesmo proxecto cando na práctica as melloras son mínimas. |
|