| |
"Pode ser calquera chaira que os técnicos estimen oportuna na entrada desta ruta pola zona da Chanca. A idea é que se utilice como punto de información para os peregrinos e que nela reciban indicacións sobre hospedaxes, restauración, lugares de interese para visitar""
Para os populares, é vital para a cidade "dar ao Camiño Primitivo todo canto impulso estea en mans do Concello de Lugo", e máis tendo en conta que o ano 2010 será Ano Xacobeo e que haberá unha importante promoción das rutas de peregrinos.
Unha medida, dúas solucións.-
Os populares buscan así solucionar o problema de que facer cun ben municipal que hoxe non ten uso algún e colaborar na acollida dos peregrinos.
Non se pode esquecer que desde que a Xunta de Galicia gobernada polo PP impulsou o Camiño de Santiago, os datos económicos de Galicia nos anos Xacobeos son impresionantes.
O PP tamén recorda que non é a primeira vez que se reclama desde filas populares a retirada da caseta da Praza da Constitución. En setembro de 2008 pídese o seu traslado a un espazo máis adecuado, xa que a estrutura ofrece "unha imaxe de abandono e de provisionalidade".
Naquela ocasión, a concelleira socialista Concepción Burgo, respondeu que pretendían deixar a caseta no seu lugar actual para que servise durante o San Froilán "un pouco como reforzo, porque está nun sitio moi ben situado". O PP xa manifestou a súa opinión sobre este asunto: entende que "non é lóxico manter todo o ano unha caseta provisional nun lugar tan céntrico só para utilizala de apoio durante un par de semanas ao ano". |
|