-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

Tras dez anos de Orozco, a cidade segue sen xestión nin proxectos novos

 
 
27/05/2009
grupo municipal
     
 
  • Os populares anuncian unha ofensiva de iniciativas para facer un seguimento exhaustivo, área por área, dos proxectos pendentes.
  • García Díez pídelle a Orozco que "se sosiegue e dedíquese ao que debe facer un alcalde"
 
barra
           
 
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez presentou hoxe un documento, no que recolle o traballo realizado polo grupo este ano e repasa os incumprimentos e desafíos pendentes de resolver polo actual goberno socialista de Orozco.
Foto
 
       
 
O título do informe "Dous anos de oposición construtiva" é o que mellor resume este segundo ano do goberno de Orozco "primeiro porque é verdade e segundo porque non hai nada destacable de a xestión do goberno socialista".

Das 75 iniciativas presentadas neste último ano, 47 foron de titularidade do Grupo Municipal Popular, o que representa un 62,67%, é dicir, case dous de cada tres iniciativas son de autoría do PP.

Estas cifras son o reflexo dun compromiso con Lugo, "traballamos co espírito construtivo que anunciamos desde o primeiro día".

Hai varios puntos en común en todas as áreas do goberno local: os responsables das distintas concellarías non acaban de asumir a crise e detéctanse gastos innecesarios e atrasos importantes dos proxectos prometidos.

"Orozco segue vivindo da herdanza recibida" puntualizou García Díez en alusión á obra dos colectores xerais, unha infraestrutura que se xestou "grazas que en 1997 fíxose a declaración de interese xeral, estando nos gobernos central, autonómico e municipal o Partido Popular. Hai que ser xenerosos e recoñecer as cousas como son".

O portavoz popular anunciou que, nos próximos días, o grupo popular emprenderá unha ofensiva con iniciativas para facer un seguimento do estado dos distintos proxectos por áreas.

Mentres isto está pasando... que actitude adopta o noso alcalde" pregúntase o portavoz popular.

1º.- Falta á palabra dada nos acordos co PP. "Nunca un alcalde en minoría tivo tantas facilidades para traballar se non o fixo débese a que non ten nin a responsabilidade de liderado que merece a cidade". (exemplo: orzamentos de 2008)

2º.- Non executa os acordos da maioría. Como exemplo citar que os socialistas fixeron caso omiso dun acordo plenario no que se acordou que se constituíse unha comisión para debater as obras do "plan E". O mesmo ocorre con outros acordos: Creación dun Consello Municipal de Maiores; Sobre a ordenanza de conservación, rehabilitación e estado ruinoso de edificios; Seguridade viaria e dotación de beirarrúas na rúa Rof Codina; Plan de dinamización de zonas recreativas; Comisión para debater os actos conmemorativos do aniversario da declaración como Patrimonio da Humanidade de a Muralla de Lugo; Renovación e modificación da ordenanza reguladora do sistema ORA.

3º Xudicializa a vida política: O punto de inflexión máis significativo en canto ás relacións entre o Grupo Municipal Popular e o Goberno Local, foi a denuncia presentada polo Director Xeral da Policía ante a Fiscalía Provincial contra o concelleiro Enrique Rozas. Unha denuncia, avalada polo Goberno Local de forma pública, pero que foi tan pouco sólida que o propio Fiscal non chegou sequera a tomala en consideración e arquivouna aos poucos días de recibila.

Pola contra, quen si está imputado na causa aberta pola trama das multas é o responsable socialista desta área, e portavoz do grupo municipal do PSOE en Lugo.
4º.- Non acepta as críticas e cada vez acentúase máis a súa prepotencia
5º.- Non reivindica. Escoitámolo poucas veces reivindicar aos "gobernos amigos" cando aos cinco días de entrar o Partido Popular na Xunta esixe unha solución para a problemática de Pascual.
- Segue sen iniciativas. Saca pola porta de atrás propostas da autoría do PP "enmascarándoas coma se fosen propias"

Replica a Orozco

Para o portavoz popular isto indica que "cada día ponse máis evidencia o seu dobre cara. Cando lle convén pide apoio pero cando pode prescindir dedícase a desprezar e a insultar". García Díez pide ao Alcalde que "se sosiegue e dedíquese ao que debe facer un Alcalde"

Para finalizar o portavoz popular pediulle ao alcalde "que se centre en pór orde no seu propio equipo" e insistiu en que Orozco debe explicar porque son necesarios eses cambios, en que consisten e que alcance terán.
 
       


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo