-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular cre que os reaxustes do equipo de Orozco son síntoma dunha crise no seo do Goberno Local

 
 
25/05/2009
grupo municipal
     
 
  • Os populares din que hai unha "paulatina e constante descomposición do goberno socialista" e censuran que o Alcalde xustifique os cambios coa desculpa de que "obedecen á modernización da xestión municipal".
  • García Díez anunciou que o seu grupo presentará unha proposición para que Orozco explique "os seus axustes" e para que adiante o debate do estado da Cidade previsto para setembro.
 
barra
           
 
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, pediu esta mañá ao Alcalde que dea explicacións polos distintos reaxustes que se están producindo no seo do goberno local que preside Orozco. Os populares están preocupados pola "paulatina e constante descomposición do goberno socialista do Concello de Lugo".
Foto
 
       
 
Nese sentido avanzaron que presentarán unha iniciativa para que Orozco aclare os cambios no seu goberno e tamén lle pedirán que adiante o debate sobre o estado da Cidade xa que temen que "con todos estes axustes paralícese o xa lento ritmo de traballo do goberno local".

En rolda de prensa, o portavoz popular enumerou distintos exemplos dos últimos cambios no organigrama de Orozco: os máis recentes foron a adscrición da concellaría de mocidade á de emprego, o nomeamento dunha nova xerente para EVISLUSA, a marcha do concelleiro Liñares e as pugnas internas que desatou isto no Goberno Local, e ata recordou a imputación do portavoz do seu grupo, José Rábade na trama das multas, facendo fincapé do último caso dado a coñecer nas últimas horas, o do "cesamento ou dimisión do director xeral de novas tecnoloxías".

García Díez afirmou que "estamos ante unha crise de goberno", e non é crible a afirmación de Orozco xustificando estes axustes "como unha medida para modernizar a xestión local". "O Alcalde pretende ocultar que algo funciona mal. Está no seu dereito a facer cambios no seu goberno pero ten que explicalos"

A soidade do alcalde.-

A Joaquín García Díez tamén lle chamou a atención que o Alcalde se postule "el mesmo" para repetir como candidato á alcaldía, e cre que "evidencia a súa soidade e inseguridade".
 
       


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo