| |
O Grupo Popular acusa ao goberno de Orozco de "falta de xestión e seguimento dos equipos informáticos que compraron para ofertar o acceso libre a internet nos distintos centros sociais da cidade". Esta denuncia fíxoa logo de comprobar que en dous centros da cidade, Milagrosa e As Gándaras, tiñan os equipos parados. |
|
| |
Outra cousa que é necesario corrixir para que non haxa discriminación segundo o centro no que se traballe ten que ver co horario de uso dos equipos. Son rechamantes as diferenzas nas normas de acceso a Internet (por exemplo nalgúns permiten navegar 15 minutos e noutros 30).
Eu conecto.-
Os populares censuraron que se intente sistematicamente enganar aos lucenses e puxeron como exemplo a publicidade dunha exposición do Concello sobre internet no que publicitan como operativos na rede trámites como a solicitude de subvencións, que non se poden facer sen acudir fisicamente ao Concello.
"Se o gran avance para o PSOE é poder imprimir en casa os formularios e logo levalos ao rexistro do Concello en persoa, é que non entenden o concepto da administración electrónica".
Actualmente desde a web municipal non se pode nin solicitar unha subvención, nin unha licenza, nin unha axuda tal e como anuncia o cartel.
A concelleira popular tamén criticou outro incumprimento máis da concellaría da que dependen as novas tecnoloxías.
Luisa Zarzuela anunciou que, antes de finais do ano 2008, incorporaría cinco novas xestións a web do concello: alta de padrón, licenzas de obra maior, licenzas de obra menor, actividades cualificadas e contratos de servizos pero foi incapaz de agregalas á web municipal. |
|