-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide ao Goberno que responda á demanda de información sobre o PXOM

 
 
21/05/2009
empleoyssgg
     
 
  • As queixas rexistradas evidencian que o PSOE montou a oficina para contrarrestar a boa atención que se deu desde o Grupo Popular desde o día seguinte da súa aprobación.
 
barra
           
 

Na reunión mensual da Comisión de suxestións que se celebrou esta mañá e que preside a popular Cristina Ares puxéronse sobre a mesa catro reclamacións.

Dous delas estiveron motivadas pola mala organización da información que se facilita sobre o Plan Xeral. A primeira presentouna un veciño que se desprazou desde outro municipio e que atopou a porta pechada do lugar onde se facilitaba información. Outra versaba sobre a confusión que hai respecto ao lugar onde se daban as explicacións "mándase á xente dun lado para outro": do Uxio Novoneyra a Evislusa e non se dá a información debida.

 

 
 
Desde o Grupo Popular acúsase ao goberno de non ter un interese real á hora de informar sobre o PXOM "nin foi áxil, nin se atendeu a todo o mundo".
Foto
 
       
 

Está claro que a oficina que se abriu durante unhas semanas respondía a unha estratexia electoral clara para contrarrestar a información que se daba desde o Grupo Popular, xusto desde o día seguinte da aprobación do Plan Xeral. A popular Cristina Ares pediu ao Concello que se informe de xeito permanente.

Outro veciño solicita un control da distribución desmedida de xofre en po, por parte de particulares, por diversas rúas da cidade. O uso deste produto é habitual para evitar que os cans ouriñen nas paredes das vivendas ou portas de garaxe e negocios privados. Hai que recordar que a inhalación de xofre podería provocar nauseas e vómitos.

Un veciño apunta deficiencias na liña de bus urbano número 12 que fai o percorrido desde o campus á Rolda da Muralla. Quéixase de que ás veces non se fan todas as paradas.

 
       


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo