-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular proporá ao Concello que articule un banco para reutilizar obxectos domésticos en bo estado que acaban en trasteiros ou en puntos limpos

 
 
20/05/2009
bienestar
     
 
  • Os populares contrastaron está mañá con organizacións expertas na axuda social, o borrador desta iniciativa.
  • A idea é que o Concello poña en contacto aos doantes destes obxectos reutilizables cos receptores a través da web municipal e o 010, e que se facilite un local de almacenaxe.
 
barra
           
 

O Grupo Municipal Popular reuniuse hoxe con organizacións expertas na axuda social para contrastar unha iniciativa "que ten por obxectivo dar saída a mobles, electrodomésticos... que están en bo estado e funcionando perfectamente. É habitual que algúns propietarios que adquiren un novo televisor, unha batidora, unha tostadora... e que aínda teñen outra que funciona perfectamente, desexen desfacerse deles. Ás veces acaban en trasteiros, puntos limpos ou directamente no lixo, cando poderían ser de gran utilidade para persoas que por desgraza non llos poden permitir".

A concelleira do PP, Sofía López Linares, puntualizou que a idea é sinxela: consistiría en crear unha base de datos con acceso directo desde a páxina web do Concello e a través dela poríanse en contacto doantes e receptores "nesta base de datos dar de alta e baixa as peticións".

 
 
Sofía López indicou que se existe vontade por parte de todos, este intercambio axudaría a moitas persoas necesitadas. Nese sentido, Sofía López Linares, indicou que o Concello ten que encargarse de "verificar" que non se trata dunha compravenda e apuntou que se debería contar coas traballadoras sociais para que informasen da situación dos posibles beneficiarios.
Foto
 
       
 
 
       
 

Foto

Ademais de ter ao día as ofertas dispoñibles no sitio da web, os populares propón que o Concello facilite tamén un local de almacenaxe e que poña o 010 a disposición desta iniciativa.
 
       
 
Foto
Foto
 
     


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo