| |
A concelleira popular tamén solicitou que se cambie o valo que rodea o parque de xogos infantís, xa que o peche actual "é un simple aramado que está moi deteriorada, o que supón un perigo para os nenos que xogan na zona. Os propios mestres tiveron que coser con cordóns o alambrado para impedir que os nenos escapen polos buracos", puntualizou Pena Murias.
Para rematar o PP chama a atención ao goberno de Orozco por incumprir compromisos adquiridos co centro de Casás: non colocou unha protección para evitar que os pequenos salgan á calzada; non limpou os canlóns, o que provocou filtracións en varias aulas... |
|