-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica a xestión dos vertedoiros de plásticos agrícolas

 
 
19/05/2009
rural
     
 
  • O goberno é incapaz de controlar o lixo que se deposita neles. No de Mazoi é frecuente atopar todo tipo de residuos.
  • Sobre a posta en marcha dos novos puntos limpos na zona rural os populares presentarán un rogo para que se consensúen cos veciños a súa localización.
 
barra
           
 

O Grupo Municipal Popular criticou a incapacidade do Concello de Lugo na xestión dos puntos de recollida de plásticos agrícolas do municipio. A denuncia fíxoa o concelleiro popular Manuel López nun punto destinado exclusivamente á recollida dos plásticos que os labradores utilizan na súa actividade. "Con todo aquí é frecuente que aparezan cadeiras de brazos, electrodomésticos, rodas de tractores, cristais e caixas con froitas e verduras. Está claro que o Concello é incapaz de vixiar e sancionar aos que utilizan este punto limpo de Mazoi como vertedoiro", lamentouse Manuel López.

O concelleiro popular reproba a lentitude do goberno socialista á hora de pór coto a esta situación: "os veciños descoñecen o funcionamento destes puntos: frecuencia de recollida, materiais que se poden depositar...".

 
 

Molestias aos veciños.-

Manuel López indicou que os poucos puntos que se están acondicionando están xerando problemas. Referíase ao vertedoiro de plásticos agrícolas próximo á zona paso de gando na parroquia do Burgo.

Foto
 
       
 

O edil popular indicou que a localización fíxose a criterio do pedáneo sen contar coa opinión do resto dos veciños: "Simplemente trasladándoo uns 200 metros non se prexudica a ninguén porque quedaría habilitado nun monte veciñal, e o custo sería o mesmo".

Nese sentido o Grupo Popular anunciou que presentará un rogo para que o goberno consensúe cos veciños a localización dos puntos que se prevexan construír proximamente.

 
       
 

Vertedoiros incontrolados.-

A pesar de que os puntos de recollida de plásticos que hai no Concello teñen cascallos e aveños domésticos seguen aparecendo numerosos vertedoiros incontroladas. Entre os últimos que detectou o PP destacan o que hai entre o Burgo e Poutomillos onde unha chea de plásticos están tirados xunto ao camiño de Santiago.

Foto
 
       
 
Foto
Foto
 
     


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo