| |
O Goberno Local anuncia aos catro ventos funcións da súa web que en realidade non existen
|
|
| |
18/05/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
O PP denuncia que se gasta diñeiro en campañas publicitarias irreais.
-
Na campaña "Eu conecto" anúnciase aos cidadáns que poden realizar trámites na web que logo, salvo o pago de recibos, non son verdade.
-
Cristina Ares: "Se o gran avance para o PSOE é poder imprimir na casa os formularios e logo levalos ao rexistro do Concello en persoa, é que non entenden o concepto da administración electrónica"
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
Os populares censuraron que se intente sistematicamente enganar aos lucenses e puxeron como exemplo a publicidade dunha exposición do Concello sobre internet no que publicitan como operativos na rede trámites como o de solicitudes de subvencións, que non se poden facer sen acudir fisicamente ao Concello.
|
|
| |
"Se o gran avance para o PSOE é poder imprimir na casa os formularios e logo levalos ao rexistro do Concello en persoa, é que non entenden o concepto da administración electrónica". |
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
Actualmente desde a web municipal non se pode nin solicitar unha subvención, nin unha licenza, nin unha axuda tal e como anuncia o cartel. |
|
| |
|
|
|
| |
A concelleira popular tamén criticou outro incumprimento máis da concellaría da que dependen as novas tecnoloxías.
|
|
|
| |
Luisa Zarzuela anunciou que, antes de finais do ano 2008, incorporaría cinco novas xestións a web do concello: alta de padrón, licenzas de obra maior, licenzas de obra menor, actividades cualificadas e contratos de servizos pero foi incapaz de agregalas á web municipal. |
|
| |
|
|