| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide que se traballe con discreción e seriedade na problemática de Pascual
|
|
| |
17/05/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Popular recibiu hoxe ao comité de empresa de Pascual para recibir información, de primeira man, da situación en que están os traballadores afectados polo ERE.
Os concelleiros populares, Manuel López Fernández e Enrique Rozas, indicaron que "dáse por descontado que todos os grupos políticos estamos preocupados e que todos poremos da nosa parte o que podamos" puntualizando que lles consta que "a Xunta está buscando solucións a este problema". |
|
| |
|
|
|
| |
Do mesmo xeito que hoxe os populares escoitaron aos traballadores afectados, o portavoz popular Joaquín García Díez, en calidade de deputado nacional, recibiu o pasado mércores a directivos de Pascual. O deputado nacional pediu "prudencia para non enrarecer , con crispación política, un expediente laboral". |
|
|
| |
|
|
|
| |
Ao Grupo Municipal do PP chámalle á atención o repentino interese de Orozco pola situación do sector lácteo "cando este é un problema que se vía vir. Non é de recibo que agora se bote as mans á cabeza xa que desde o goberno central e o anterior goberno da Xunta non se adoptaron medidas para solucionar a problemática deste sector". |
|
| |
|
|
|
|
|