| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular denuncia os incumprimentos do Goberno Local sobre o acceso a Internet dos cidadáns
|
|
| |
15/05/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Cristina Ares acusa aos socialistas de ter parados equipos de última xeración en centros sociais da cidade e critica a falta de facilidades para usar as zonas de conexión existentes.
-
Os populares afirman que"a implantación das novas tecnoloxías nos centros sociais, lonxe de ser real, só se reduce a campañas publicitarias".
-
Pide a Zarzuela cumpra os compromisos que o Goberno alcanzou co Partido Popular para crear zonas de acceso libre a Internet.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular acusa ao goberno de Orozco de ter parados equipos informáticos de última xeración que compraron para centros como o da Milagrosa ou as Gándaras "os equipos informáticos atópanse tapados cunha saba, e nun local baixo chave e con humidades, no primeiro caso, e, no segundo, sen uso". |
|
|
| |
|
|
|
| |
|
A concelleira Cristina Ares indicou que "unha vez máis, a falta de xestión do goberno de Orozco, impide aos lucenses utilizar un servizo que os socialistas prometeron e no que gastaron diñeiro públicos". |
|
| |
|
|
|
| |
Para os populares "contrasta o esforzo que o Concello de Lugo está facendo no que ten que ver coa sensibilización e a alfabetización tecnolóxica fronte á parsimonia coa que traballan para xeneralizar o acceso libre a Internet". |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
Nos dous centros sociais onde si hai acceso libre a Internet son rechamantes as diferenzas nas normas de acceso a Internet (por exemplo nalgúns permiten navegar 15 minutos e noutros 30), e tamén hai queixas de usuarios pola inestabilidade da rede Wifi, que ademáis non está dispoñible en todos os casos. |
|
|
| |
|
|
|
| |
Proposta.-
Tras comprobar as malas condicións do acceso libre a Internet o Grupo Municipal Popular pide ao goberno municipal que adopte urxentemente as medidas necesarias para a normalización dos centros sociais como lugares onde calquera cidadán poida acceder a Internet sen dificultades.
A concelleira Cristina Ares solicita que se cre en cada un deles "un espazo perfectamente operativo e agradable, cunha aparencia idéntica (un "Espazo Internet") en todos os centros, homogeneizando e racionalizando igualmente as normas de aplicación, no sentido de garantir o cumprimento da normativa, como non podía ser doutro xeito, pero permitindo ao mesmo tempo o máximo aproveitamento dos recursos públicos para a procura de información para a realización de traballos escolares..., co que non se prohibirá tampouco o acceso á rede de redes a menores sos nos casos nos que os traballadores do centro social préstense a supervisar as consultas dos mozos que, con autorización paterna, desexen acceder a Internet para completar os seus deberes escolares".
Sobre a implantación de Internet gratuíto destacar que o Partido Popular ten claro que hai que empezar polas zonas onde hai máis dificultades. De feito no seu programa electoral subliñaba que a necesidade de deseñar un mapa de prioridades e propuña comezar por realizar experiencias piloto en dúas parroquias ademais de distintas zonas públicas na capital.
Non podemos esquecer que aínda está sen executar o compromiso ao que o Goberno chegou cos populares para a aprobación dos orzamentos de 2008, polo que se crearían esas zonas Wifi públicas en prazas (Praza Maior, Parque Rosalía) e parroquias a modo de proba.
|
|
| |
|
|
|
|