| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular considera unha tomadura de pelo que Os Paxariños non estea listo para gozalo esta primavera
|
|
| |
11/05/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
O goberno local, por enésima vez, vai incumprir as súas promesas.
-
En xaneiro aseguraron que estaba a piques de rematarse esta fase do parque e dábanse como prazo de final ás eleccións autonómicas.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular solicita ao Concello de Orozco que priorice as xestións pendentes e complétense, canto antes, as obras do parque dos Paxariños. A concelleira popular, Teresa Taboada, acusou ao equipo de Orozco de "tomar o pelo aos lucense e especialmente aos veciños das Fontiñas". |
 |
|
| |
|
|
|
| |
Cinco meses logo da última promesa do goberno municipal empeorou a situación desta zona verde. A edila popular considera moi optimista a visión do equipo de goberno que afirmou en xaneiro que só quedaban "pequenos remates que debe facer persoal especializado".
Tal e como se reflicte no informe realizado pola concelleira Teresa Taboada a primeira ollada pódense ver os restos de obras "palés con lousas apiladas, outros baleiros e cheos de lixo...". A edila popular tamén apuntou o descoidado aspecto que presenta a zona "hai árbores rotas, a maleza excede as barreiras de protección...". Segue habendo varandas provisionais, tapas de distintos servizos sobresaíndo máis de 15 centímetros, canalización á vista nalgúns tramos, restos de material... forman parte, a día de hoxe da paisaxe deste parque.
|
|
| |
|
|
|
| |
|
Promesa incumprida.-
Os populares recordan que Orozco chegou a anunciar "aos catro ventos" que o Parque dos Paxariños sería a "a primeira obra pública do Concello con el de alcalde". O 3 de Maio de 2003 prometeulle aos veciños que poderían usar o parque "en 2004". Meses despois comprometíanse a acabar as obras en 2005. Estamos no ecuador do terceiro mandato e "Orozco foi incapaz de ter listo este parque". |
|
| |
|
|
|
|