-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide ao Goberno de Orozco participación real da oposición na elaboración do programa de festas

 
 
07/05/2009
cultura
     
 
  • Na presentación das contas das festas de 2008 e das bases técnicas para 2009, os populares reiteraron a "man tendida" do PP para a elaboración do programa.
  • PSOE e BNG rexeitan a proposta popular de instaurar un "día dos nenos", con descontos nas atraccións para os máis pequenos.
  • Alicia Pena chamou a atención sobre unha nova falta grave incorporada ás bases, inspirada nunha denuncia do Partido Popular presentada o pasado ano.
 
barra
           
 
Na mañá de hoxe o goberno local presentou, con oito meses de atraso e reiteradas peticións do Grupo Municipal Popular, as contas das festas patronais de 2008.
Tamén se realizou a presentación aos grupos municipais das bases técnicas do concurso de 2009, ás que se engade algún epígrafe.

Gastos 2008.-
Reducíronse os gastos respecto de 2007, pero tamén os ingresos, e o que ao Grupo Municipal Popular parécelle máis grave é que o Concello segue gastando diñeiro do orzamento en financiar as festas, cando en gobernos do Partido Popular o San Froilán se autofinanciaba e non se xeraba gasto.

Os populares insisten en que lles parece fundamental que o San Froilán "siga mantendo o gran nivel que Lugo se merece", pero se mostran preocupados polo gasto que supón nun momento de crise como o actual en que "fálase de fotocopiar a dúas caras pero se afirma que se manterán os gastos en festas. Cústanos crer que non se poidan tomar medidas que economicen os gastos de San Froilán sen reducir a súa calidade".
 
 
Descontos.-
Tanto PSOE como BNG rexeitaron a iniciativa dos populares de crear un "día dos nenos" en que se ofrecesen descontos aos máis pequenos para intentar que sufran na menor medida posible a incidencia que nos fogares poida ter a perda de ingresos polo aumento do paro.
Foto
 
       
 
Casetas.-
Respecto da petición realizada en pasadas edicións polo Grupo Municipal Popular sobre a adquisición de casetas para dignificar os postos ambulantes da Feira de San Froilán, hai que resaltar que o Goberno Local non aumentará este ano o número de jaimas.
A razón que se aduce é que non se quere incrementar o orzamento para alugar as casetas, o que vén dar a razón aos populares, que na súa petición falaban de compra, e non de aluguer. Se se destinase o orzamento á adquisición destas instalacións, ao cabo duns anos o Concello tería en propiedade o número suficiente das mesmas, incrementándose ano a ano a súa utilización.

Salubridade de Caravanas.-
Alicia Pena sorprendeuse favorablemente ao ver que se recolle nas novas bases, como falta grave, a non instalación de desaugadoiros e tomas eléctricas nas caravanas dos feirantes. Hai que recordar que o pasado ano unha denuncia do Grupo Municipal Popular fixo patente que a contorna do Parque da Milagrosa sufría as consecuencias da falta de previsión do Goberno Local.
Naquel momento, e nunha resposta a pregunta de Pleno formulada polos populares, o señor Rábade asegurou que a situación era "normal", pero este ano, afortunadamente, dáse a razón de facto aos populares e danse pasos para corrixir o problema.

Cociñas.-
Alicia Pena tamén chamou a atención sobre a petición dos populares de levar a cabo a instalación dunha carpa para que os feirantes que o desexen poidan usar como cociña e comedor, evitando así outra das situacións denunciadas en 2008 (a ocupación do Parque de Rosalía cunhas improvisadas instalacións pouco salubres).
O Goberno Local asegura ter en conta esta petición e estar negociando cun particular a cesión dun solar nas inmediacións para a instalación desta cociña.

Programa de festas.-

O Grupo Municipal Popular reitera ao Goberno Local a súa oferta e a súa "man tendida" para acordar actuacións e contidos do programa do San Froilán 2009, aínda que se teme que, como de costume, o equipo de Orozco comunique á oposición o programa pechado e como un feito consumado.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo