| |
O Grupo Municipal Popular pide ao Concello que revise este verán os pararraios dos centros públicos
|
|
| |
06/05/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Alicia Pena reclama a retirada das instalacións sen homologar e que se substitúan por antenas máis seguras.
-
Os populares confían en que o goberno tómese en serio este asunto e que non ocorra o mesmo que co recoñecemento que se fixo das instalacións eléctricas cando "redactaron os informes pero non corrixiron as anomalías".
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular solicita a contratación do mantemento dos pararraios dos Colexios Públicos do municipio.
A concelleira do PP Alicia Pena, explicou que nos últimos días nos centros de Lugo recibiuse documentación para verificar o estado no que se atopan estas instalacións. Dado que o Concello é quen se encarga do mantemento dos colexios públicos o Grupo Popular reclama, que para este verán, fágase a revisión completa dos pararraios (incluiría non só antena senón tamén a toma de terra e a medición de resistencia desta)/desta).
Alicia Pena tamén solicita que, de detectar casos de instalacións sen homologar, retírense o antes posible tal e como se fixo xa nalgúns edificios públicos.
A instalación de pararraios radioactivos non está permitida en España desde o ano 1986. Aínda que que non son perigosos, o seu funcionamento é igual de eficaz que os pararraios convencionais.
|
|
| |
Cumprir a teoría.-
Alicia Pena agarda que esta demanda leve a efecto e pide que non ocorra o mesmo que coas revisións das instalacións eléctricas dos colexios públicos. "O Concello, logo de insistirlle, fixo os informes de deficiencias pero as anomalías detectadas, a estas alturas, non se corrixiron." |
|
|
| |
|
Nese sentido a concelleira popular indicou que en todos os centros de primaria segue habendo problemas de tensión sendo necesario incrementar a potencia para evitar cortes por sobrecargas motivados polo uso de novas tecnoloxías. |
|
| |
Tamén hai casos de colexios con cadros eléctricos que non están actualizados ou que teñen dous contadores: "non basta con cumprir coa teoría da normativa e presentar un informe de deficiencias o concello debe solucionar os problemas detectados cando antes". |
|