-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular reclama medidas urxentes para mellorar o funcionamento da comisión de suxestións

 
 
02/05/2009
empleoyssgg
     
 
  • Do informe mensual cabe destacar unha queixa pola lentitude coa que o concello resolve a problemática da venda de coches na rúa.
  • Os problemas co lector de bono bus na liña do campus e as carreiras na rolda da muralla son outras das queixas abordadas neste foro.
 
barra
           
 
A Presidenta da comisión de suxestións e reclamacións, Cristina Ares, pediu a adopción de medidas urxentes para mellorar a canalización das queixas e reclamación que se presenten no rexistro do Concello.
Foto
 
 
Recordar que se detectaron anomalías (faltaban formularios, remitíanse directamente aos servizos obviar a existencia da Comisión de reclamacións). Para evitar que se repitan estas situacións o Grupo Popular solicita o nomeamento urxente dun responsable do rexistro que garanta que todas as reclamacións e queixas diríxanse a comisión con independencia de que se presenten nunha instancia simple ou no formulario.

Do informe que se presentou na comisión de suxestións destacar:

Un empresario do sector do automóbil pide ao Concello que poña coto á venda de coches na rúa xa que considera que ?estase dando cobertura a unha actividade comercial sen autorización municipal, sen imposto de actividades económicas, sen pagar outros impostos e por suposto sen outorgar garantía ao comprador que se atopa desamparado ante posibles enganos?. O veciño coincide co Partido Popular cando lle recrimina ao goberno local a lentitude coa que resolve este problema pese ao anuncio que fixo o pasado mes de decembro tras a petición do grupo popular para que tomasen medidas dirixidas a erradicar a tan xeneralizada práctica de venda ilegal de vehículos. De feito o PP propuxo que se incluíse este asunto na Ordenanza de convivencia que segue en proceso de redacción.

Tamén na comisión de suxestións presentouse outra queixa dun usuario da liña do autobús do campus porque o lector de cartóns do bono bus estrágase con frecuencia, o que provoca colas para pagar en efectivo o billete. Esta situación provoca atrasos na liña.

Un veciño quéixase pola falta de control de velocidade no centro urbano e propón unha maior vixilancia. Neste sentido centra a súa denuncia nas carreiras que se rexistran, de madrugada, na rolda da muralla. O goberno municipal di que a unidade de tráfico e seguridade xa controla. Desde o PP considérase que se non hai unha periodicidade da programación destes controis, non resultan eficaces.
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo