-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 
O Grupo Municipal Popular critica que o Goberno de Orozco non teña data para acondicionar a contorna do depósito de Penarrubia, unha zona protexida pola UNESCO
 
 
29/04/2009
medioambiente
     
 
  • Así se desprende da resposta do goberno a unha pregunta que formulou por escrito fai dez meses a concelleira Teresa Taboada.
  • Pasou máis dun ano desde que o Concello recibiu as obras e nin sequera foron capaces de repor os camiños de acceso ou retirar grávaa, restos de tubaxes, pedras.. que quedaron na contorna.
 
barra
           
 
A concelleira do Grupo Municipal Popular, Teresa Taboada, denuncia que o goberno socialista de Lugo non ten data para re-vegetar e repoboar con árbores autóctonas a contorna do depósito de Penarrubia. A resposta que recibiu hoxe o grupo popular respecto da execución dos traballos de reforestación desta zona deixa claro que "a cousa vai para longo". Taboada insiste en que a replantación tería que estar feita no outono ou no inverno, "e xa estamos en plena primavera", puntualizou.

A concelleira acusa aos socialistas de tardar dez meses en responder ás preguntas que formulou o pasado 26 de xuño de 2008 "non só tardan case un ano en responder, senón que a contestación é incompleta".
 
 
O Grupo Popular xa denunciou en reiteradas ocasións o abandono da contorna do depósito de Penarrubia. Hai que recordar que o Concello recibiu en decembro de 2008 esta obra. Os populares fixéronse eco da deterioración da zona afectada por estas obras (Os camiños de acceso están sen arranxar, hai deposito de sobrantes, grávaa está esparexida por toda a contorna, hai restos de tubaxes e residuos de obra...
Foto
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo