| |
Noveno aniversario da muralla.-
A popular Alicia Pena tamén lle recorda á responsable de cultura que ten un mes de prazo para convocar unha reunión específica para programar os actos do noveno aniversario da Muralla. Os populares chaman a atención sobre o feito de que existe un acordo plenario nese sentido con data do pasado decembro. "A idea é consensuar os actos conmemorativos con antelación". O PP xa puxo sobre a mesa dúas propostas:
Organizar unha proba deportiva de ámbito autonómico ou nacional para pór en valor a Muralla.
Durante a semana da conmemoración abrir, de forma gratuíta, o Centro de Interpretación da Muralla. |
|